lunes, 19 de diciembre de 2011

UNHA PREDICIÓN ARREPIANTE




Hai veces no que a ficción é capaz de predicir a realidade cunha precisión asombrosa; esperemos que este non sexa o caso. Por agora é só unha casualidade, pero resulta realmente curiosa: o videoxogo de acción Homefront xa predixo a morte de Kim-Jong Il neste ano 2011, e a súa sucesión por parte do seu fillo menor Kim-Jong Un. Ata aquí o guionista do xogo, John Milius, acertou sen esperalo co que ía pasar meses despois (Homefront lanzouse en marzo de 2011).

O que esperamos que non se cumpra é todo o que vén despois. No xogo, Kim Jong-Un é capaz de reunificar as dúas Coreas e aproveita  unha gran crise mundial (con EEUU intentando reprimir unha secesión en Texas, Irán e Arabia Saudita en guerra e un encarecemento do gas e do petróleo en Europa Occidental por unha alianza ruso-ucraína) para anexionar a nova República Coreana con Xapón e todo o Sueste Asiático...

Uns anos despois, en 2022, EEUU colapsa baixo o peso dunha terrible crise social e económica; e tres anos máis tarde un arma nuclear coreana explota na atmosfera sobre EEUU. É o primeiro paso dunha manobra de ocupación que culmina con Norteamérica dividida en dúas partes por un río Mississippi contaminado pola radiación, Hawaii e San Francisco conquistados por Corea e un progresivo despregamento militar inimigo en todo o Medio Oeste.

Este é só o punto de partida do xogo, no que o ex-marine Robert Jacobs acaba por converterse nun heroe da resistencia, enfrontándose nunha guerra de guerrillas contra o inimigo coreano. Homefront predixo a morte de Kim-Jong Il e a sucesión do seu fillo menor, Kim-Jong Un; esperemos que non se achegue sequera á realidade no resto das súas predicións sobre o futuro.


sábado, 3 de diciembre de 2011

O nadal de Sony


Despois dos problemas de confianza que azoutaron a Sony, parece que todo rematou e as porcentaxes de vendas volven medrar. 

Mostra desta recuperación é o novo concurso de Sony a través de youtube, chamado "Abre e Gaña". Entre o 1 e o 24 de decembro, accedendo ao canal de playstation en youtube, participarás no sorteo de miles de produtos da coñecida marca. 

viernes, 25 de noviembre de 2011

XOGORAMA!


 
Chega a Galicia o Xogorama, a primeira competición de videoxogos en Galicia. O Xogorama 2011 celebrarase no Palacio de Congresos de Ourense entre os días 26 e 27 de novembro (é dicir, este fin de semana). No celebraranse torneos de seis dos xogos máis punteiros da actualidade, tanto de consolas como de PC e, o mellor de todo, con suculentos premios:


Gran Turismo 5
1º Posto: 400€
2º Posto: 250€
3º Posto: 150€


Guitar Hero
1º Posto: 400€
2º Posto: 250€
3º Posto: 150€


Super Street Fighter IV
1º Posto: 400€
2º Posto: 250€
3º Posto: 150€


StarCraft 2
1º Posto: 400€
2º Posto: 250€
3º Posto: 150€


League of Legends (equipos de cinco persoas)
1º Posto: 1.500€
2º Posto: 800€
3º Posto: 500€


PES 2012
1º Posto: 400€
2º Posto: 250€
3º Posto: 150€


domingo, 23 de octubre de 2011

Nova experiencia espacial



E como non todo é xogo, hoxe vou dedicar un espazo á innovación tecnolóxica, concretamente a un proxecto futurista que ofrecerá viaxes en globo ao espazo.


A empresa catalana Zero2infinity poñerá na atmosfera un aeróstato que permitirá ver a curvatura da terra, as estrelas e o ceo desde unha altura de trinta e seis quilómetros, unha experiencia visual similar á dos  astronautas. Cómpre sinalar  que un avión comercial voa a uns doce km de altitude e o Concord a dezaoito.

Mentres  unha  nave propulsada por cohetes alcanza súa altura máxima (100 km) en cuestión de minutos, o  vo  de Zero2Infinity resulta unha tranquila, silenciosa e  pausada ascensión que se disfruta durante dúas  horas e  que permite dedicar tempo a observar as vistas do ceo  e da Terra desde unha posición cercana ao  espazo mentres se escoita  música, se toma unha cea e  se observa o ceo cun  telescopio. Incluso pode servir como asento de primeira fila para observar eclipses. Opcionalmente os que busquen experiencias novas poderán disfrutar duns momentos de microgravidade e incluso gravidade cero desde que se solta o globo e a cápsula empeza a caer, xusto antes da apertura dos paracaídas.

O artefacto iniciará viaxes no ano 2013 e leva o nome de Bloon. Trátase dun enorme globo de helio  duns  100 metros de diámetro, os cables de unión e  a cápsula presurizada, duns cinco metros de diámetro e con amplos ventanais onde viaxan comodamente  os catro pasaxeiros e  os dous membros da  tripulación.

Non se determinou aínda o lugar de despegue pero será un lugar sen  moito  tráfico aéreo e que non estea  ubicado xunto  á costa para evitar que  ventos fortes poidan  levar o  globo ao mar, xa que aínda que amerizar é factible pode resultar incómodo.

Viaxar no Bloon non será apto para todos os petos xa que a viaxe, dunhas cinco horas de duración, costará cento dez mil euros. A empresa xa recibiu varias solicitudes porque resulta  barato se o comparamos coa última viaxe espacial da axencia rusa na que se cobrou pola  viaxe  35 millóns de euros.  Ademais os turistas espaciais non precisarán dunhas condicións especiais, só deberán prepararse durante dous días, durmindo ben e comendo lixeiro para enfrontar o vo con bo corpo.

O globo deberá pasar infinidade de controis ata ser autorizado e o promotor  afirma que a súa é a única  compañía que subiu  ata a altura prevista  cun  vehículo a escala non tripulado pero cos sistemas necesarios para permitir a presenza de persoas polo que esperan que todo sexa un éxito.



jueves, 13 de octubre de 2011

O desastre de Sony, un novo ataque.



Sony conxelou 93.000 contas de PlayStation Network logo de detectar unha intrusión no seu sistema. A compañía informou ao instante por e-mail  aos seus  clientes e defendeu que o ataque afectara a poucas contas respecto ao volume total de usuarios.

O pasado mes de abril a compañía foi tamén obxecto dunha intrusión externa que afectou aos datos de 70 millóns de usuarios e  comprometeu de forma tan  grave o  sistema que obrigou a Sony a paralizar o  servizo PlayStation Network durante todo un mes. 

Sony non confirmou a natureza do ataque e limitouse a explicar que os seus sistemas detectaron a intrusión dun axente non identificado.

jueves, 22 de septiembre de 2011

GAMEFEST 2011




 Chega setembro e con el, a Gamefest, a máis importante feira de videoxogos en España na que as principais marcas amosan as súas novidades. Este importante evento terá lugar en Madrid desde o 29 de setembro ata o 2 de outubro. O principal atractivo serán as famosas franquicias de Call of Duty e Battlefield que exporán aquí as betas dos seus novos xogos.

 Esta feira foi gañando seguidores ao longo dos anos ata acadar a cifra de 40000 entradas vendidas para o sabado 1 de outubro. 

 É para min unha mágoa non poder asistir a este importante evento xa que son un gran seguidor de moitas das franquicias que se presentan no recinto da Gamefest. Outro ano será!